No ano 2019, a Unión Europea adoptou o Pacto Verde Europeo que avoga por un cambio fundamental do modelo económico esixindo unha (maior) eficiencia dos recursos no futuro e unha redución drástica das emisións netas de gases de efecto invernadoiro para, finalmente, lograr cero emisións netas en 2050. A importancia que se atribúe á economía oceánica e marítima en todo o proceso cara a un continente climáticamente neutro é dobre: por unha banda, os sectores azuis no seu conxunto achegan significativamente ás economías de numerosos países; e, por outra banda, a comisión referiuse aos océanos como regulador clave do clima no planeta e, por tanto, unha economía azul sostible desempeña un papel crucial para facer fronte aos efectos negativos do cambio climático e reducir as presións sobre os recursos terrestres.
Para integrar plenamente a economía azul no Pacto Verde Europeo, a comisión adoptou en 2021 unha comunicación sobre a economía azul sostible na que presenta unha axenda para ecoloxizar a economía azul e instaba aos sectores azuis a contribuír ao Pacto Verde Europeo avanzando na descarbonización, promovendo un uso máis responsable dos recursos naturais ou aplicando modelos de economía circular.
A economía azul sostible consiste en numerosos sectores e cada un ten as súas propias características. Por iso, o obxectivo do módulo “Aspectos xurídicos e de gobernanza da economía azul sostible da Unión Europea” é mellorar o coñecemento dos actuais marcos regulatorios, propostas lexislativas e aspectos de gobernanza dos sectores azuis e analizar os retos xurídicos para o futuro.
A principal actividade docente é un curso de 40 horas con profesores universitarios e docentes da industria, e no que se estudan os respectivos sectores azuis. A parte diso, organizaranse conferencias públicas sobre temas de actualidade como o papel dos portos marítimos, as enerxías renovables marítimas e a pesca sostible, así como sesións informativas dirixidas aos estudantes máis novos
En conxunto, as tres actividades permiten comprender mellor a política europea relacionada cos océanos e fomentan o diálogo e o intercambio de coñecementos entre estudantes, académicos e profesionais tanto da administración pública como da industria.