Logotipo Universidade de Vigo

Select your language

Aspectos xurídicos e de gobernanza da economía azul sostible da Unión Europea (BlueEcoEU)

No marco do módulo Jean Monnet “Aspectos xurídicos e de gobernanza da economía azul sostible da Unión Europea (BlueEcoEU)” organízanse cursos, conferencias e sesións informativas para fomentar o coñecemento e o debate sobre as normativas e políticas dos distintos sectores azuis. Está destinado a un público amplo e así promover o diálogo entre estudantes, académicos e profesionais da administración pública e a industria sobre os retos para o futuro. As actividades do módulo desenvólvense entre o 1 de novembro de 2024 e o 30 de outubro de 2027. 

As accións Jean Monnet enmárcanse no programa Erasmus+ da Unión Europea cuxo obxectivo é estimular o ensino, a investigación e o debate sobre diversos aspectos da Unión Europea. Os módulos Jean Monnet organizan cursos ou programas de ensinos breves nunha institución de educación superior achegando aos participantes contidos específicos da Unión Europea.